¡Carlos Martel e proclamado gañador en Poitiers!

O pasado 10 de outubro do 732, tivo lugar a batalla de Poitiers entre os francos e mosulmáns na que os francos resultaron gañadores.

Poitiers,11 de outubro de 732, polo noso enviado especial Iago Sánchez

Carlos Martel, o comandante das tropas francas enfrentouse contra o exército mosulmá do valí Al Gafiki  entre Tours e Poitiers porque os árabes se dispoñian a dominar toda Europa. O exercito liderado por Martel situouse nunha posición defensiva por onde supostamente ían a pasar os seus enimigos. A batalla durou sobre unha semana porque ningún deles se quería arriscar a atacar ao seu contrincante e acabar perdendo a loita.

 O día da loita o valí enviou a súa cabaleria contra o frente de infanteria franco pero as súas largas lanzas resultaron moi eficaces contra os xinetes. Os francos resistiron varias horas ata que novas topas chegaban pola retaguardia. Isto debilitou ao exercito musulmá facendo así que se retiraran ao seu campamento. Pasaron a noite alí e ao día seguinte o exercito liderado por Martel adentrouse no campamento islámico gañando así a batalla.

Advertisements

Loita agresiva no río Órbigo, na que se enfrontan os suevos e visigodos.

Desta loita os visigodos saen vitoriosos, pero non conseguen eliminar completamente ao reino suevo.

 Gallaecia, Mauro Paredes e Carlos Sobrido

Os pobos xermánicos comezaron a entrar na Península Ibérica co fin de conseguir novos territorios. Cada un dos pobos instálase nunha parte da Hispania, deste modo conseguen ocupala toda.                                                                         

Pasados uns anos os suevos conseguen formar o seu propio reino en Gallaecia. Por outra parte, os visigodos conquistaron toda a outra parte da península eliminando aos vándalos (silingos) e alanos. Os godos xa case tiñan no seu poder toda Hispania, solo faltaba atacar ao reino suevo.

Os visigodos iniciaron unha gran campaña contra os suevos cerca do río Órbigo. O pobo suevo non era moi bélico comparado cos godos.                                                                                                                                                                 

 Comeza esta agresiva loita en outubro do ano 456, a cal remata ca vitoria do reino visigodo; pero non consegue acabar completamente cos suevos, que escapan e aséntanse nunha parte ínfima no norte da península aguantando os intentos de conquista visigoda.

Pobos bárbaros en Hispania

Morte de Atila

O rei dos hunos morre por unha sobredose e unha hemorraxia nasal.

21 de xuño – 453 ( Ramón Boo )

Un ano despois da guerra dos campos Cataúnicos, Atila, o huno, aparece morto na súa cama, segundo os chamáns hunos, debido a unha hemorraxia nasal e segundo os médicos romanos, a unha sobredose de alcohol. Neste día todos recordan a ese rei huno: hai quen o celebra, quen viste  de luto e quen non fai nada, coma un servidor. Creo que sempre será recordado coma un gran conquistador.

Atila o huno (406 – 453) sustituiu ao seu tío, xunto co seu irmán, como líder da horda do exército huno. En 445 Atila conseguiu o poder absoluto matando ao seu irmán. O territorio dos hunos, con Panonna ao final do Danubio como a súa base de manobra, non tiña límites fixos.                     

Atila o Huno, non goberna o seu terreo como un estado. El gañou unha mala reputación como saqueador entre varias nacións xermánicas e lle deu as súas tropas, arqueiros a cabalo, ao Imperio Romano do Occidente a cambio de ouro. A través de extorsión que puidese recoller ouro aínda máis a partir do emperador romano de Oriente, en Constantinopla. Cando Atila comezou a conquista na Galia, os romanos e visigodos xa lle querían matar. Á súa ameaza final para Roma era un curto ataque a través do Norte de Italia. Atila, o Huno, morreu no ano seguinte dunha sobredose de alcohol que lle provocou unha hemorraxia nasal

‘‘O intento de borrar do mapa ao Reino Suevo’’

‘’Intento de destrucción  do Reino Suevo por parte das tropas visigodas. ’’

Por Miguel González Echevarrieta,Gallaecia(21 de Agosto de 456)

Onte o día 20 de agosto, no Río Obrigo  moi preto de Astorga as tropas do Imperio Romano e tamén as tropas visigodas (estas últimas especialmente) querían acabar co Reino Suevo en Gallaecia pero os suevos a pesares de perder a batalla,non pereceron de todo  ante os ataques visigodos e romanos. Polo tanto boa parte do  Reino Suevo aínda segue en pé.¿Por que  o motivo desta batalla? non se sabe con certeza  a causa, créese que é por que os visigodos queren ampliar o seu territorio pero distintas fontes aseguran que emperador Romano lles ofreceu unha recompensa a os Visigodos pola súa axuda,a cuestión é: ¿o Reino Suevo será ‘’borrado do mapa’’?

Atila, o último caudillo huno

Atila foi o último líder huno que reinou no imperio máis grande daqueles tempos, dende o 434 d.C ata a súa morte.

Por Miguel Santos e Jorge Teira

Atila naceu no ano 406 d.C, non se sabe nada da súa infancia con certidumbre, pero din que aos doce anos foi de refén á corte do emperador Honorio, no Imperio Romano de Occidente. Alí desenrolou moitas facultades como o liderazgo e o protocolo para ser o próximo emperador huno.

Cando morreu o seu sobriño Ruga (que consolidou as tribos hunas), deixoulle o seu legado a Atila e ó seu irmán, Bleda. Atila asasinou ao seu irmán para ser el o único caudillo huno. Nese mesmo intervalo, o imperio dos hunos  expandiuse dende o Mar Caspio ata os Alpes.

O primeiro que fixo Atila ao chegar ao poder foi enfrontarse ao Imperio Romano de Oriente ao cal  someteu ao pago de gravosos tributos, chegando a súa capital, Constantinopla no 441-443 d.C, e nos anos 441-449 d.C recorreu os Balcáns ata Grecia. De seguido, lanzou os seus ataques contra o Imperio Romano de Occidente. Invadeu a Galia no 451d.C estimulado polo rei vándalo Genserico a lanzar ataques contra o reino visigodo de Tolosa. Tras arrasar Metz e ceñir Orleans caeu na batalla dos Campos Catalaúnicos e tivo que retirarse. Un ano despois conquistou o norte de Italia, devastando Milán, Aquileya e Padua. As pobloacións sobrecollidas “fóronse polos pés” a esconderse nos montes ou lagunas do mar Adriático; momento no que se data a fundación de Venecia.O Papa León I comprometeuse a  pagar uns tributos a cambio de que non invadiran o seu imperio de Occidente. E retirouse a Panonia

No ano 453 Atila contraxo matriminio cunha xoven e fermosa xermana, esa mesma noite apereceu morto por unha hemorraxia nasal que o asfixiou  ou por un derrame cerebral, pero non se sabe con total seguridade. O enterraron nun sarcófago de ouro, plata e ferro. E todas as persoas que foron ao enterro foron executadas, para non localizalo e que descansase en paz.

MORTE DO ULTIMO GRAN EMPERADOR ROMANO

Os seus fillos, Honorio e Augusto Arcadio herdan o imperio dividido: Honorio ao mando de Occidente e Arcadio ao mando de Oriente.

Por Manuel Cerqueiras, corresponsal en Roma

O 17 de xaneiro do 395 dC morre o emperador Teodosio , chamado o Grande de orixe hispana, que subira ao trono no ano 378 dC.  , última vez que o Imperio Romano está reunificado.

 O imperio romano está a atravesar una gran crise; os recursos e a poboación diminúen, a paz complícase, bandidos e piratas multiplícanse, as provincias xa non se senten protexidas por Roma., obrigado a defender as fronteiras sen despoñer apenas de tropas, por falta de xente Teodosio contrata bárbaros para formar as lexións sen lealdade a Roma. Firma un tratado cos godos que lles permite asentarse en territorio romano.

 Teodosio era cristián e a chegada do cristianismo desmitifica a figura do emperador considerado antes coma Deus.

Buscando unha solución aos problemas do Imperio, Teodosio decidiu repartilo á sua morte entre os seus dous fillos, dando comenzo a histórica división, que será xa definitivamente entre Oriente e Occidente. O imperio de Occidente con capital en Roma quedou ao cargo de Honorio de 10 anos, e o de Oriente con capital en Constantinopla nas mans de Arcadio de 18 anos.

Seguiron destinos moi diferentes; no ano 476 dC o imperio de occidente sucumbía baixo a presión dos xermanos, mentres que o de oriente sobreviviu ata 1453 dC ano no que caeu en poder dos turcos.

AS INVASIÓNS BÁRBARAS DE HISPANIA

Hispania no s. V  foi invadida polos pobos bárbaros (pobos que vivían fora do imperio romano). Estes pobos, chegados de distintas partes de Europa foron os Alanos, os Visigodos, os Suevos (que se estableceron en Galicia) e Vándalos; repartironse por todo o territorio de Hispania, por aquel entonces unha das provincias prósperas do xa case desaparecido imperio Romano..

Por Lara Domínguez Martís e  Irea Casais González

As invasións “Barbaras” na Península Ibérica realízanse no século V, máis concretamente no outono do ano 409. Os pobos que pouco a pouco xa levaban tempo penetrando na península xa acampaban de forma incontrolada por distintas zonas do imperio romano de occidente. Entraron en terras hispánicas sembrando a destrución e a morte.

 Estos pobos, de diferentes etnias e oríxes buscaban un territorio onde establecerse aproveitando o vacío de poder que había en Hispania como resultado de situación de descontrol que atravesaba Roma.

Os alanos,  se foron cara o oeste e ocuparon A Lusitania, os Suevos se asentaron ó noroeste, en Gallaecia, e, os Vándalos,  divididos en grupos, se dispersaron dende o norte á zona Bética no sur da península.

 Hacia o ano 429 presionados polos Suevos, os Vándalos cruzaron o estreito de Xibraltar, os Alanos se sumaron a eles e pasaron tamén ó norte de África. Tan só os Suevos, pouco numerosos, consolidaron o seu poder no noroeste da Península. Éstos, que inicialmente ocuparan zonas rurais do norte, se expandiron militarmente cara outras áreas, chegando a arrebatar importantes ciudades ó exército romano imperial, como Mérida (439) e Sevilla (441).

 Todos este avances no podían ser rechazados polas forzas romanas, así que o imperio romano solicitou axuda a outro pobo Bárbaro (chegado tamén do norte de Europa), os Visigodos que en aquel tempo estaban ocupando a Galia (actual Francia).

Os Visigodos de Teodorico derrotaron ós Suevos no río órbigo cerca de Astorga e obligounos a re-troceder ás súas posicións iniciais.

 Todas estas invasións foron posibles pola “caída do imperio romano”, dende a crisis do século III, os bárbaros non encontraron grandes resistencias por parte do imperio para a súa entrada no territorio romano, o desastre económico  que terminou coas clases medias, agravou as condicións dos campesiños, a falta de conquistas do imperio provocou que fora difícil a obtención de esclavos e a economía romana se resinteu. Comenzou un proceso que convertía ás clases altas nunha aristrocracia prefeudal e ás clases baixas tanto si proviñan de esclavos como si proviñan  de homes libres nunha nova clase similar ós siervos feudais.

Coas invasións terminaron todos os sistemas organizativos do estado romano ainda que se mantivo a organización eclesiástica. A mayor parte da poboación hispano-romana era cristiana e o territorio se encontraba dividido en parroquias. No século V os Suevos se convirtiron ó Cristianismo, mentras que os visigodos, que xa eran cristianos arrianos, se convirtiron ó Catolicismo coa reconversión de Recaredo.

Un momento de esplendor e éxito chega ó seu fin

Morre o emperador bizantino creador do código de Xustiniano e que intentou reunificar o imperio romano.

Por Jorge Castro, enviado especial

Xustiniano

Xustiniano, tamén coñecido como o emperador sen sono, naceu no 482 d.c en Tauresio,pertencendo a unha familia humilde,foi asociado ao trono polo seu tío Xustino I que o nomeou emperador no seu leito de morte no 527 d.c.Anos despois casouse con Teodora,unha ex bailarina do circo que morreu no 548 d.c.

Intentou reconquistar occidente para volver a formar o imperio romano,para elo tivo que derrotar ós Persas (paz perpetua),Vándalos,Ostrogodos e cartaxineses.

Xustiniano aproveitou a prosperidade económica para facer de Constantinopla unha das potencias do mercado.

Unificou un código de leis chamado código de Xustiniano, posto que el foi o que o orixinou.

Foi un emperador pouco querido, posto que as súas construcións supuxeron grandes gastos para o seu imperio.

No 532d.c estalou contra el unha revolta (a revolta de Nika) na que morreron 30.000 ás mans de Teodora e Belisario.

 

A MORTE DE TEODOSIO ACELERA A DIVISIÓN DO IMPERIO ROMANO.

A morte de Teodosio I acelera a desintegración do Imperio co declive de Occidente e o  inicio do Imperio Bizantino en Oriente.

Por Javier Domínguez, corresponsal en Roma

Diocleciano

Foi Diocleciano o que dividíu o Imperio en dous, poñendo duras medidas de control das Provincias. En Oriente, Constantino, consigue manter a unidade,  pero Teodosio no 395 d.C. acelerou a destrución co reparto do Imperio entre os seus fillos: Oriente (capital  en Constantinopla)  dirixida agora por Arcadio de 17 anos, e Occidente (capital en Roma), dirixida por Honorio de 11 anos. Esto sentou as bases para o futuro Imperio Bizantino (que durou ata 1453) e a crise do Imperio de Occidente despois da invasión bárbara.

Aínda que foron varios os factores que provocaron o inicio da crise social, política, económica e relixiosa como: a gran extensión das fronteiras, a presencia de novos pobos invasores bárbaros (suevos, alanos, ostrogodos, visigodos…); a perda do sentimento relixoso romano e o xurdimento do cristianismo, podemos decir que  sobre todo as grandes diferenzas sociais, culturais e económicas entre Oriente e Occidente, xunto ca morte de Teodosio acabaron de romper o Imperio.

Teodsio I

UN FALECEMENTO IMPERIAL

Hoxe, o falecemento do rei huno Atila, foi noticia desagradable e inesperada para todo o seu pobo.

Valle de Tisza, Hungría ano 453, por Iván Tubío Sanlés e Miguel Piñeiro Paz.-

Hoxe aconteceu o desagradable falecemento do soberano huno, que tivo unha repercusión de tristeza. no seu pobo. Atila, fillo do rei Mundzuk, nace no ano 395, por aquel entón el non sabía que uns anos máis tarde se convertiría no rei do seu pobo. No momento en que falece o seu pai ,no ano 434, Atila convértese en rei xunto co seu irmán Bleda, isto non lle gustou, e a súa solución foi matalo, así comezou o seu reinado en solitario no ano 445. No seu período de reinado o imperio situábase dende os Alpes ata o Mar Caspio.

Según fontes romanas, este imperio xunto co seu emperador, era un dos máis sanguinarios e crueis da historia da humanidade. El era unha persoa temible ,de ahí o seu apodo “ O Azote de Deus” tiña unha apariencia asiática , de curta estatura cuns ollos e unha barba fina, a súa maior azaña foi o intento de conquistar Italia, xa que tiña un exército poderoso composto na súa maior parte por xermanos, finalmente só puido invadir o norte de Italia, lugar onde casou con Honoria , ca cal morreu na súa noite de vodas, ou sexa, hoxe.

“Emboscada dos cristiáns ao campamento musulmán”

Os musulmáns comezan a invadir Francia entre os anos 725 e 732, ata que os francos interveñen e comeza unha loita en Poitiers entre os dous exércitos.

 Por Dani Rivas

No ano 725 os musulmáns cruzaron os Pireneos, invadiron o sur de Francia e tomaron como capital Narbona. No 732 internáronse no centro e instaláronse en Bordeos. Co seu exército franco, Carlos fíxolles fronte obrigándoos a retroceder. Os dous exércitos acamparon en Poitiers onde comezou a disputa. No medio da batalla apareceu o rei Eudes co seu exército que atacou o campamento musulmán.Estes retrocederon ata eles para defender o botín. Os francos aproveitaron e atacaron de novo ata que caeu o xeneral. O exército musulmán refuxiouse no campamento e os francos agardaron por eles toda a noite ata a mañá seguinte. Cando se decataron de que non aparecían, achegáronse ao campamento pero estaba baleiro, porque os musulmáns fuxiran de noite rumbo a Hispania. Na batalla, un gran número de musulmáns perderon a vida, mentres que o exército rival só sufriu 150 mortes. Despois da batalla, Carlos recibiu o alcume de “Martel”, o martelo. A pesar da derrota, os musulmáns permaneceron no sur de Francia, pero cando o fillo de Carlos Martel, Pipino, herdou a coroa, conseguiu expulsar de alí aos musulmáns, tomando a capital Narbona no ano 759. Os musulmás volveron a Hispania e Francia observaba como o poder islámico se estendía no seu territorio.

Gran impacto causado na misa de Nadal ao coroar emperador a Carlomagno.

Por Celia Maneiro e Alicia Piñeiro

Aos 325 anos da desaparición de Rómulo Augusto, o Papa León III coroou a Carlomagno en presenza de moitos dos nobres, e da súa familia na misa de Nadal. Moitos dos campesiños opinan que esta é a mellor opción de estes tempos para gobernar o Imperio.

O Papa León III coroando o emperador na misa de Nadal.

Para a sorpresa dalgúns dos membros que asistiron á misa de Nadal, o Papa León III fixo acto á coroación de Carlomagno, xa esperada por algúns campesiños e feligreses de zonas próximas á capital do reino.

 ”Carlomagno é a persoa idónea para gobernar o Imperio, xa que é respectado e coñecido polo pobo.”, afirma un artesán que vivía nun poboado próximo a Roma. Sin embargo as afirmacións de habitantes dos extremos do Imperio manteñen unha opinión sobre o asunto contraria as demais cidadáns.

Isto ocorre polos rumores decatados ata o momento por xente allea as ultimas noticias do Imperio.

 A coroación foi realizada de xeito tradicional; O futuro emperador arrodillouse ante o altar, e o Papa acercóuselle por detrás e colocoulle a coroa. 

 Dise que Carlomagno foi coroado por asuntos persoais do Papa, xa que para el (Carlomagno), tamén foi unha sorpresa.

O plan que o novo emperador esta por levar a cabo aínda esta por determinar.

ANO 306: NOVO EMPERADOR ROMANO, CONSTANTINO I

O 25 de xulio do ano 306 foi unha data moi especial para o imperio romano, xa que foi nomeado emperador Constantino I.

Roma, 306. Por Carlos Santiago, enviado especial

Aquí pódese aprezar unha imaxe súa en York, cidade onde foi nomeado emperador.

O 25 de xullo do ano 306, é unha data que todos os romanos recordan, xa que ese día houbo un novo empedador romano, cuxo nome era Constantino I, ou tamén coñecido como Constatino O Grande.

Naceu no 27 de febreiro do ano 272 en Naissus (Serbia). O seu mandato como emperador durou ata a súa morte que se produciu o 22 de maio do ano 337 en Nicomedia (Turquía). Constantino foi tamén moi coñecido por

volver a fundar a cidade Bizantino co nome de << Nova Roma>>.

Na  actualidade, esta cidade recibe o nome de Estambul, sendo a capital de Turquía. No ano 325, Constantino fixo legal o cristianismo no Imperio Romano, este paso foi moi importante para a cultura e relixión do Imperio, xa que deste modo, os cristiáns podían practicar a súa relixión sen modo de que fosen atacados por ninguén. Para moitos, este foi un dos actos máis importantes que fixo este home.

 

Hispania baixo o poder dos bárbaros.

Ao caer na crise, a Península Ibérica é invadida polos pobos bárbaros. Istos provocan o caos na península.

Hispania, Por Angel Piñeiro e Andrés Santiago

Segundo as declaracións dos visigodos, os ataques dos bárbaros empezaron a xurdir na zona do nordeste peninsular.        

 As invasións causaron unha crise no Imperio Romano de Occidente, e o emperador Teodosio empezou a preocuparse. Moita  xente fuxiu das cidades para irse ao campo e traballar as terras, aínda que teñen que pagar unha renta, poden consumir os produtos que cultivan.

 Tamén, a parte de todo, por culpa das invasións o comercio nas cidades caeu en picado e o uso da moeda tamén baixou. A industria que antes coñeciamos xa non existe, os bárbaros fixeron que a crise afectara tamén á industria.

O príncipe Carlomagno coroado emperador.

O fillo de Pipino o Breve coroouse emperador o pasado domingo 25 de decembro na Basílica de San Pedro.

ALEJANDRA RÍOS / CRISTIAN RIVAS . ROMA, 27 DECEMBERO 800 d.C.

O Papa León III proclamou, durante a misa de Nadal, oficialmente ao príncipe Carlomagno como emperador.

 

30 anos despois da morte do seu irmán Carlomán (que sería o principal nomeado para a herdanza do poder do Imperio Carolinxio).

 

Este acontecemento non ocorrera dende a época de Romulo Augústulo, (xa que este título estivo en desuso).

 

Tamén ten entre mans un proxeto (continuando con inicios que tiña planeados o seu pai) de crear un novo sistema monetario ”a libra ” moedas fabricadas con ouro.

 

 Deuse a coñecer que o noso líder Carlomagno ten pensado ampliar o territorio do imperio conquistando Europa Central e Occidental, o único problema que terá, será que provocará certa rivalidade coa emperadora bizantina Irene, que segundo fontes nos achegan, Carlomagno quítalle importancia ao ser unha muller.

 

Morre Teodosio I: O Imperio Romano divídese

Milán, polo noso corresponsal  Alberte Fdez. Castro

Coa morte de Teodosio I (Cauca, Segovia 346 d.C – Milán 395 d.C)  o Imperio romano quedará dividido en dúas metades: Oriente e Occidente.

Onte,  17 de xaneiro do 395 d C, faleceu Teodosio I, responsable da adopción do cristianismo como relixión oficial do Imperio. O seu gran imperio quedará, a partir deste momento,  dividido en dúas partes. O seu fillo maior, Arcadio de 17 anos, herdará o Imperio Romano de Oriente e o seu fillo menor, Honorio de 11 anos, herdará o de Occidente. Ambos gobernarán baixo a tutela de Estilicón, un vándalo que se encarga de ser o titor dos dous herdeiros.

O Imperio Romano de Occidente, conservará a súa capital, Roma, mentras que   no Imperio Romano de Oriente, se instaurará unha nova capital: Constantinopla.

Na data da morte de Teodosio I, o Imperio Romano estaba reunificado por primeira vez dende facía uns 30 anos e coa súa morte volverase a dividir dun xeito irreversible.

Hai rumores dun posible ataque bárbaro xa que Teodosio I permitiu a participación no exército de soldados bárbaros.

BÚSCASE A MAHOMA, “O IMPOSTOR”

O profeta, que se anuncia como continuador de Abraham, Moisés e Xesucristo, fuxe da Meca.

A MECA, 22 de xullo do ano 622 ( Por Adrián Escurís Batalla )

O pasado 16 de xullo, o predicador da volta a relixión de Abraham, quen asegura haber recibido a través do arcánxel Gabriel a revelación de Alá do segredo da verdadeira fe, foi acusado de ser un impostor e está a ser perseguido polas autoridades.
Sospeitase que Mahoma partiu da Meca cara a Medina.
Fontes fidedignas aseguran que se atopa exiliado en algún lugar de Medina, onde foi visto con distintas tribos, cas que se pensa se está
aliando.
Existen datos que aseguran que foi trala morte da sua muller Jadicha o que lle levou a decidirse pola fuxida, e tras superar varios atentados contra a sua vida.
As autoridades ofrecen unha recompensa de cen camellos a quen poida dar algunha seña sobre o seu paradoiro, ou a quen
logre capturarlo.

Unha nova vitoria para os visigodos

Unha nova vitoria para os visigodos.

 Tras a terrible derrota no río Órbigo, os suevos refúxianse en Gallaecia.

Órbigo, ano 456. Samuel González Santiago

 Despois dunha longa viaxe, de atravesar o río Rin e de estar dous anos na Galia, adicándose ao saqueo, os suevos xúntase cos alanos e vándalos, para no ano 409 conquistar parte da Hispania romana e repartirse os territorios. Os vándalos instálanse na Bética, os alanos na Lusitania  e  no ano 411 os suevos aséntanse en Gallaecia. Entón os romanos, que están gobernados polo emperador Avito, para volver a conquistar o seu territorio e protexelo, víronse obrigados a pedir axuda a Teodorico II rei dos visigodos, que son os pobos xermánicos que xa estaban no imperio romano.                            

Estes entran na Península Ibérica, loitando, no ano 415. Máis adiante acaban cos alanos, expulsan aos vándalos, que foxen ao norte de África, e loitan contra os suevos, nunha gran batalla, para entrar no seu reino, a batalla do Órbigo, que recibe o nome por ser o escenario do combate o río Órbigo, neste ano 456.

Segundo declara o crónista Hidacio- o Rei dos godos Teodorico, con forte exército e por orde do emperador Avito, e opoñéndose ao Rei dos suevos, Requiario, xunto ao río Órbigo, é vencido nun combate entaboado.-

 Os visigodos venceron sen moitas dificultades, xa que o seu exército era máis poderoso, estaba máis preparado e tiña máis soldados que o dos suevos. Entón tras a derrota refuxiáronse nas extremidades de Gallaecia. Despois de matar a Requiario, o rei dos suevos, comezan o seu asentamento na península Ibérica, formando así un reino visigodo en Hispania e poñendo como capital a cidade de Toledo.  

Información:

-wikipedia.org

-nueva-gothia.blogspot.com

O EMPERADOR TEODOSIO PROHIBE OS XOGOS OLÍMPICOS

O EMPERADOR TEODOSIO PROHIBE OS XOGOS OLÍMPICOS

Acábase cunha tradición de máis de mil anos. O emperador loita contra rituais paganos, non cristianos

Constantinopla, ano 393 – Un recente edicto do emperador Teodosio declarou a suspensión definitiva dos Xogos Olímpicos, que se viñan celebrando desde o S VIII a.C. Según declaracións do propio emperador, esta é unha medida en favor do cristianismo e de loita contra as ideas paganas. Xa no ano 380, ao impoñer o cristianismo coma unha relixión autorizada no imperio, o mesmo emperador Teodosio puxo fin á liberdade de cultos que promulgara Constantino o Grande no Edicto de Milán no ano 313.

Pero as prohibicións de actos paganos non quedan aí. Tamén quedan fóra da lei a consulta de oráculos,  os sacrificios, visitar os templos dos deuses  ou examinar as entrañas das vítimas.

As competicións atléticas coñecidas co nome de Xogos Olímpicos foron convocadas por primeira vez no ano 776 a.C. Desde entón veñen celebrándose cada catro anos e tanta importancia chegaron ater no mundo grego que durante a súa celebración había unha tregua. Ata as guerras se detiñan. Destacaban as competicións de carreriras pedestres e de carros, os combates e o lanzamento de xabalina ou disco. Todos temos na mente a estatua do grande artista Mirón: o Discóbolo. As mulleres tiñan prohibida a sú participación.

Despois de 293 convocatorias, os Xogos Olímpicos pasan á historia.

Discóbolo de Mirón, estatua do 455 a.C.